
A Consellería do Medio Rural e o Concello de Sarria avanzan na súa colaboración para garantir a continuidade do matadoiro municipal, un servizo que se considera estratéxico para a comarca. Así o acordaron nunha reunión celebrada o pasado mércores na sede da Delegación da Xunta en Lugo, á que asistiron a conselleira María José Gómez, o alcalde Claudio Garrido, a portavoz popular Carmen José López e a directora territorial do departamento, Olga Iglesias.
Durante o encontro, Gómez subliñou o interese público que representa esta infraestrutura e expresou o compromiso do seu departamento con “atender as demandas dos veciños” en favor do mantemento das instalacións. Segundo indicou, o matadoiro resulta clave para o tecido agrogandeiro da zona, na que operan numerosas granxas porcinas, salas de despece e obradoiros cárnicos. Concello e Xunta acordaron seguir traballando conxuntamente para asegurar o futuro do servizo.•