O BNG pide unha Xunta de Voceiros urxente para abordar a situación das obras na Estación de Monforte

O BNG pide a presenza de ADIF para dar explicacións e corrixir os prexuízos que está a causar a actuación. Fotos Montero.

O Grupo Municipal do BNG vén de solicitar formalmente a convocatoria dunha Xunta de Voceiros con carácter de urxencia para abordar a evolución das obras na contorna da Estación de Ferrocarril de Monforte. A petición inclúe a participación de responsables de ADIF e da Subdelegación do Goberno en Lugo.
O portavoz nacionalista, Emilio J. Sánchez Iglesias, advirte da “lentitude excesiva” na execución dos traballos, que está a causar importantes molestias a comerciantes e veciños. “A mobilidade, a imaxe da cidade e a actividade hostaleira están a verse seriamente afectadas, xusto ás portas da tempada turística alta”, sinala.
O BNG denuncia tamén cambios no deseño que considera inadecuados, como o uso de chapa no canto de tella, a retirada de farolas históricas ou a redución de prazas de aparcamento. “Urxe poñer orde e escoitar a veciñanza”, conclúe o portavoz.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Renfe recupera as rutas da Ribeira Sacra na nova tempadados Trens Turísticos de Galicia

Seguinte Nova

O PSdeG de Sarria destaca a chegada de máis de 40.000 euros da Deputación para melloras no concello

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss