O Festival Trece Reis regresa coa súa sexta edición os días 20 e 21 de xuño

Imaxe da na presentación do evento, que tivo lugar no Pazo de Ferreiroá. Foto GPVDL.

O concello de Pantón converterase esta semana no epicentro musical da Ribeira Sacra coa celebración da sexta edición do Festival Trece Roeis, que terá lugar os días 20 e 21 de xuño. A cita, xa consolidada como unha das máis destacadas da provincia de Lugo, ofrecerá unha programación diversa que mestura estilos como o rock, o punk, a música tradicional galega e propostas contemporáneas.

CARTEL DE LUXO
O cartel deste ano inclúe actuacións de artistas recoñecidos no panorama galego e estatal. O venres subirán ao escenario Gin Toni’s, Trashtucada, Dakidarría, Linaje, Laura DSK, Caamaño & Ameixeiras, Leo de Matamá e Baturruka. O sábado será a quenda de Sés, Sínkope, Ilegales, Radiocrimen, Rastreros, Montedapena, Brais das Hortas e Festicultores Troupe, que pecharán o festival cun espectáculo cargado de enerxía.
Ademais da música, o Trece Roeis aposta por dinamizar o rural galego a través dunha programación paralela que inclúe catas de viño, degustacións gastronómicas e unha feira de artesanía, cuxo prazo de inscrición continúa aberto na web oficial do evento. Esta combinación de cultura, lecer e promoción do territorio converte o festival nun escaparate da identidade local. Durante a presentación do evento no Pazo de Ferreiroá, a Deputada de Turismo, Pilar García Porto, destacou que “o Trece Roeis é un auténtico punto de encontro para todas as xeracións, con propostas que enriquecen a experiencia e que contribúen a crear un ambiente único”. A Deputación de Lugo incrementou este ano a súa achega ata os 7.200 euros, reforzando así o seu apoio a unha iniciativa que, segundo García Porto, “xera valor engadido para o conxunto da sociedade”.
As entradas están dispoñibles na páxina web www.trecereisfest.com, cun prezo de 18 euros por día ou 27,50 euros o abono completo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Xaime Cortizo inaugura en Sober unha mostra sobre a relación entre arte e paisaxe

Seguinte Nova

Aberta a inscrición nos Campamento de Verán de Pantón

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss