O Goberno anima ao sector cultural a optar ás novas axudas para proxectos no rural

A convocatoria estatal está dotada con 680.000 euros e busca promover a colaboración entre axentes culturais de diferentes comunidades autónomas. Foto Arquivo.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, animou ás entidades culturais da provincia a presentar proxectos á nova liña de axudas convocada polo Ministerio de Cultura para promover iniciativas colaborativas no medio rural. A convocatoria, publicada no Boletín Oficial do Estado, está dotada con 680.000 euros e permitirá financiar ata o 80 % do orzamento de cada proxecto, cun máximo de 120.000 euros por beneficiario.
Segundo explicou Rodríguez, poderán acollerse a estas axudas tanto entidades privadas con ou sen ánimo de lucro como profesionais autónomos do sector cultural. Como requisito, os proxectos deberán desenvolverse no ámbito rural e contar coa participación de polo menos tres axentes de tres comunidades autónomas distintas.
A subdelegada sinalou que o obxectivo da medida é “impulsar a actividade cultural nas zonas rurais e promover proxectos de dimensión local e rexional que fortalezcan a cohesión territorial”. Teranse especialmente en conta as propostas que aposten pola innovación, contribúan ao desenvolvemento do tecido cultural e fomenten a participación cidadá.
As actuacións deberán executarse entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2026 en concellos de menos de 30.000 habitantes cunha densidade inferior aos 100 habitantes por km² ou en municipios con menos de 5.000 residentes, independentemente da súa densidade.
Rodríguez puxo en valor esta iniciativa como parte da estratexia estatal para apoiar a cultura e garantir o acceso á mesma en todo o territorio, incluídas as zonas con menor poboación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Galicia impulsa con 2,3 millóns a creación de cooperativas e sociedades laborais

Seguinte Nova

Probas de Acceso aos Estudios Oficiais de Música

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss