O PP amosa a súa preocupación tras ter coñecemento de que no informe da UCO se aborda a posible adxudicación irregular nas obras de Adif entre Monforte e Lugo

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, pediu perdón á cidadanía e á militancia socialista. Foto PSOE.

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte expresaron a súa inquietude logo de transcender que o nome da cidade podería figurar nun informe da Unidade Central Operativa da Garda Civil no marco da Operación Koldo. A voceira dos populares, Katy Varela, sinalou que “segundo as informacións que nos chegan, ese documento faría referencia a unha suposta adxudicación irregular relacionada coas obras de emerxencia executadas por Adif entre Monforte e Lugo, cun orzamento de preto de 1,5 millóns de euros”.
Segundo apunta Varela, o empresario Daniel Fernández Menéndez tería solicitado a mediación de Koldo García para favorecer a unha empresa concreta na concesión da obra. Varela puntualizou que non teñen constancia de que o alcalde, José Tomé, figure no informe, mais manifestou a súa preocupación por “ver nomes vinculados ao noso municipio, como a pregoeira das últimas festas, Isabel Pardo de Vera, ou o secretario Santos Cerdán, que estivo recentemente en Monforte co alcalde”.
Os populares piden prudencia pero advirten que, de confirmarse información relevante, esixirán explicacións: “Non imos permitir que se manche o nome da nosa cidade”, asegurou Varela, quen adiantou que probablemente no próximo pleno municipal lle pregunten ao alcalde “se podemos estar tranquilos ou se existe o risco de que aparezan novos informes que impliquen directamente a Monforte ou ao propio rexedor”.
Pola súa banda, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, compareceu o xoves na sede de Ferraz para pedir perdón á cidadanía e á militancia socialista. O líder do PSOE anunciou a dimisión de Santos Cerdán e comprometeuse a impulsar unha auditoría externa das contas do partido, así como unha reforma na dirección federal. Sánchez reiterou a súa aposta por unha “política limpa” e pola “tolerancia cero contra a corrupción”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PSdeG de Sarria destaca a chegada de máis de 40.000 euros da Deputación para melloras no concello

Seguinte Nova

David Rodríguez: «O máis importante é ser profesional e boa persoa»

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss