O Xeocamping de Ribas de Sil abre as súas portas antes da súa estrea oficial

A veciñanza puido coñecer unhas instalacións con preto de cen prazas e oito bungalós Foto GPDL.

O Concello de Ribas de Sil organizou unha xornada de portas abertas no novo Xeocamping Montañas do Courel, que entrará en servizo nas vindeiras semanas. Numerosos veciños e veciñas achegáronse ata San Clodio para coñecer de primeira man unhas instalacións que contaron cun investimento próximo aos 150.000 euros da Deputación de Lugo a través do Plan Deputación.
A Deputada de Turismo, Pilar García Porto, participou no acto xunto ao alcalde, Roberto Castro, e destacou que o proxecto “é un exemplo claro de como pequenos proxectos, ben pensados e ben enraizados no territorio, poden ter un gran impacto dinamizador”. Subliñou tamén que o xeocamping ofrece servizos de calidade e contribúe a fixar poboación e proxectar unha imaxe moderna e sostible da provincia.
A Deputada sinalou que este servizo encaixa perfectamente co modelo de desenvolvemento turístico no que traballa desde hai anos a Deputación, “un turismo sostible, non masificado, de experiencias auténticas, vividas sen presas, e que pon en valor o noso territorio, a nosa paisaxe, o noso patrimonio e, por riba de todo, a nosa xente”. O complexo conta con oito bungalós, edificio de recepción, espazo multiusos, zona de lavandería, barbacoas, piscina e 14 parcelas de acampada. A capacidade total ronda as cen prazas. A xornada coincidiu coa apertura da XXI Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Once estudantes do IES de Quiroga celebran a súa graduación

Seguinte Nova

Montefurado centrou o «IV Encontro en torno ao viño de Quiroga»

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss