
O alumnado de segundo de bacharelato do IES de Quiroga celebrou o venres a súa graduación cun acto no Auditorio Municipal. Os once estudantes participantes veñen de completar esta etapa formativa e de realizar as probas de acceso á universidade, nas que acadaron bos resultados.
A gala incluíu intervencións cun ton distendido nas que repasaron anécdotas do último curso e lembraron experiencias compartidas. Tamén houbo palabras de afecto e consellos por parte da titora e do director do centro, que lles desexaron sorte na nova etapa que inician.
A entrega da orla e unha banda conmemorativa puxeron o ramo á parte institucional do evento, que rematou cun tempo de convivencia arredor duns petiscos.•