
O restaurante TRIO de Copenhague acolleu o Salón dos Viños e Augardentes de Galicia. O acto, unha iniciativa de ACRUAGA mostrou a variedade e calidade das denominacións de orixe galegas, con 22 viños da Ribeira Sacra representados por 12 adegas. Esta cita forma parte das accións internacionais de promoción do sector vitivinícola galego. •