
Por Chantada – Interior Galego Vivo denunciou que a fonte do lugar da Ponte, na parroquia do Convento, foi precintada sen explicación oficial por parte do Concello. A formación critica que só se colocase unha cinta e un folio cunha recomendación ambigua, sen emitir bando nin aviso claro. Lembran que xa advertiran no pasado sobre posibles problemas de potabilidade e acusan ao Goberno local de «ocultar información ao non mostrar nunca analíticas ou informe algún para pórlle remedio á actuación nunha mostra máis da incapacidade do PP».•