Sarria prepara un dispositivo de seguridade para as festas de San Xoán

A subdelegada do Goberno e o alcalde Claudio Garrido, coordinaron o operativo nunha Xunta Local de Seguridade.
Foto GPSDL.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu o venres a Xunta Local de Seguridade de Sarria para coordinar o dispositivo especial con motivo das festas de San Xoán, que se celebrarán entre os días 20 e 24 de xuño. No encontro participou tamén o alcalde, Claudio Garrido, así como representantes das forzas e corpos de seguridade.
Durante a xuntanza, apelouse á responsabilidade cidadá nestas datas e valorouse o descenso da taxa de criminalidade no municipio, que pasou do 28,89 % en 2023 ao 27,04 % no que vai de ano. Rodríguez cualificou este dato como “positivo e indicativo do bo traballo que está a realizar a Garda Civil no territorio”, aínda que insistiu na necesidade de manter a vixilancia, especialmente ante casos de violencia de xénero.
Tamén se avaliaron os resultados dos plans operativos da Secretaría de Estado de Seguridade. No marco do Plan Director, a Garda Civil impartiu 34 charlas nos centros educativos locais. Abordáronse cuestións como acoso escolar, ciberacoso, adicións ou seguridade viaria. O Plan Maior tamén chegou á Casa da Cultura cunha sesión o pasado febreiro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A barca de Caronte, A travesía vital de Isaac Díaz Pardo

Seguinte Nova

A Trienal de Sarria abre nova mostra con artistas de Galicia e Portugal

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss