Un canteiro de Ribeira gaña o IV Certame de Canteiros do Áurea Palacio de Sober

O artesán José Sampedro Caamaño, natural de Ribeira, obtivo o primeiro premio na cuarta edición do Certame de Canteiros Áurea Palacio de Sober. Foto cedida.

O artesán José Sampedro Caamaño, natural de Ribeira, resultou gañador da cuarta edición do Certame de Canteiros Áurea Palacio de Sober, celebrado esta fin de semana nos xardíns do hotel soberino propiedade de Eurostars Hotel Company. A súa obra, titulada Sinfonía nº 3 en mi bemol maior, Op. 55 Heroica, foi escollida como a mellor entre as oito presentadas.

HOMENAXE Á VITICULTURA HEROICA
A escultura representa unha coroa de sarmientos entrelazados, con follas e acios tallados en relevo, evocando o esforzo físico e cíclico da viticultura heroica da Ribeira Sacra. “O motivo circular alude ao traballo artesanal que define a vendima heroica”, destacaron desde a organización. O primeiro premio estaba dotado con 2.000 euros.

MÁIS PREMIOS
O segundo galardón, valorado en 1.000 euros, foi para o tudense Juan Vázquez pola peza Coraxe, centrada na dureza da recollida da uva. O terceiro, de 500 euros, recaeu no redondelán Nicolás Ricón por Heroe, un busto que fusiona figura humana e pedra.
Durante dúas xornadas, os participantes conviviron no hotel e traballaron en pezas propias con bloques de granito facilitados pola empresa. Todas pasarán a formar parte da exposición permanente do hotel, no marco do programa Eurostars Exposicións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Montefurado centrou o «IV Encontro en torno ao viño de Quiroga»

Seguinte Nova

Sober acollerá unha das paradas do XII Rally Terras do Incio de coches clásicos

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss