Xaime Cortizo inaugura en Sober unha mostra sobre a relación entre arte e paisaxe

O fotógrafo e viticultor Xaime Cortizo inaugurou este venres 13 de xuño, no Centro Sociocultural de Sober, a exposición Viaxe interior de Pedra e Auga, aberta ao público ata o 31 de xullo. A mostra ofrece un percorrido visual por tres paisaxes significativas para o autor: Santiago de Compostela, a Ribeira Sacra e a costa atlántica. A través da pedra e da auga como símbolos, Cortizo convida a reflexionar sobre a transformación interior e o vínculo emocional co territorio. “Habitar a paisaxe é tamén facelo coa memoria e coa alma”, sinala. A súa experiencia na viticultura está presente na mirada pausada que caracteriza a serie. Con traxectoria consolidada na fotografía artística e documental, Xaime Cortizo propón unha exposición que convida a deterse, contemplar e sentir. Unha obra que nace da terra, da auga, do tempo… e do invisible. A entrada é gratuíta para todas as persoas interesadas en descubrir esta proposta.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober acollerá unha das paradas do XII Rally Terras do Incio de coches clásicos

Seguinte Nova

O Festival Trece Reis regresa coa súa sexta edición os días 20 e 21 de xuño

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss