A Academia Galega de Gastronomía reuniuse na Pobra do Brollón e visitou as adegas de Vilachá

A Pobra do Brollón acolleu este luns unha reunión da xunta reitora da Academia Galega de Gastronomía (AGG), entidade dedicada á promoción das artes culinarias de Galicia. Tras o encontro, os membros da AGG realizaron unha visita guiada ás adegas medievais da Abelaira, en Vilachá de Salvadur, onde tiveron ocasión de xantar e degustar viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O alcalde, Xosé Lois Maceda, agradeceu a presenza da Academia e puxo en valor “a gastronomía como elemento fundamental do noso patrimonio, que debemos protexer e promover”. A visita enmárcase nas accións de divulgación e coñecemento que a AGG realiza por todo o territorio galego.•
(Foto GPCAPB)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón e Sober acollen as probas das sirenas da presa de Santo Estevo

Seguinte Nova

A doutora Rosa Rodríguez, natural de Sober, recibe a Medalla Castelao pola súa traxectoria na Atención Primaria

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss