A CIG-Saúde denuncia o abandono do PAC de Monforte e critica o Plan de Verán da Xunta

A CIG considera insuficiente o plan presentado e reclama medidas estruturais para garantir a cobertura asistencial tamén no hospital monfortino. Foto CIG-Saúde.

A CIG-Saúde vén de advertir que o Plan de Cobertura da Atención Primaria no Verán aprobado pola Xunta repite “medidas xa experimentadas” e sen eficacia probada, deixando sen resolver os problemas estruturais de cobertura, especialmente graves en áreas como Monforte. A central critica que a Consellaría de Sanidade volva insistir en incentivar economicamente o traballo fóra da xornada ordinaria para cubrir ausencias nos PAC, unha estratexia que cualifican de “facer máis con menos”.
No caso concreto de Monforte, a CIG denuncia o abandono do seu Punto de Atención Continuada. Lembran que para dentro de dous anos está previsto o Plan Director para Urxencias, Radioloxía e o propio PAC, e acusan á Dirección de Atención Primaria de Lugo de investir o mínimo mentres tanto. “Así non se garante unha cobertura asistencial axeitada nin no verán nin o resto do ano”, afirman.
O sindicato tamén critica a proposta de que o persoal residente substitúa profesionais ausentes nos centros de saúde, PAC e urxencias durante o verán, medida xa aplicada en 2024. Cualifican esta fórmula de “falta de planificación” e reclaman que se analicen as causas reais da falta de cobertura e se impulsen incentivos específicos.
Ademais, persoal do Hospital de Monforte participou recentemente nas concentracións organizadas en toda Galicia para rotestar pola negativa do Ministerio de Sanidade a vincular a nova clasificación profesional cunha actualización salarial. A CIG-Saúde considera esta decisión “un insulto” e reclama unha retribución xusta, recoñecemento do dereito á xubilación anticipada e respecto polaprotestar pola negativa do Ministerio de Sanidade a vincular a nova clasificación profesional cunha actualización salarial. A CIG-Saúde considera esta decisión “un insulto” e reclama unha retribución xusta, recoñecemento do dereito á xubilación anticipada e respecto pola sanidade pública e o seu persoal. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte súmase á loita contra a ELA cunha marcha solidaria

Seguinte Nova

A Xunta mobiliza 12,1 millóns para reforzar a atención primaria no verán

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss