A Feira Outrora de Rubián xa ten cartel para a súa XXI edición, que se celebrará o 14 de xullo

O Concello de Bóveda anunciou o cartel gañador da XXI Feira Tradicional Outrora, que se celebrará o domingo 14 de xullo en Rubián. A autora é a viguesa Nina Rodríguez Rodríguez, que repite galardón tras vencer tamén na edición anterior. Nesta ocasión, presentou unha obra ao óleo sobre táboa de madeira, na que representa a esencia da feira e a paisaxe da Ribeira Sacra. O premio está dotado con 400 euros. Ao certame de carteis deste ano presentáronse unha ducia de propostas procedentes da comarca de Lemos, doutros puntos de Galicia e do resto do Estado. A Feira Outrora é unha recreación histórica que transforma Rubián nun espazo de feira tradicional galega, con postos de artesanía, gastronomía, música e oficios antigos. O evento celébrase no entorno da capela do Ecce Homo e nas rúas próximas, e os asistentes son convidados a acudir con vestimenta de época. A autora do cartel, licenciada en Belas Artes, conta cunha ampla traxectoria en pintura e ilustración, e destacou pola súa capacidade para captar a identidade cultural do evento •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Nova edición do Concurso de Embelecemento de Fachadas e Balcóns

Seguinte Nova

X FEIRA GUÍMARA

Últimas noticias sobre AXENDA

Ir aInicio

Don't Miss