A Ribeira Sacra avanza cara ao recoñecemento como Patrimonio Mundial nun foro celebrado en Monforte

O foro celebrado en Monforte reuniu representantes públicos e expertos para analizar os valores e desafíos do proceso. Foto MONTERO.

A cidade de Monforte acolleu este venres un foro centrado na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO, no que participaron representantes institucionais, expertos en patrimonio e axentes do territorio. O encontro serviu para analizar o momento actual do proceso e os retos que afronta esta proposta, que aspira a obter o recoñecemento internacional en xuño de 2026.
O presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, José Tomé Roca, destacou que a Ribeira Sacra “ten un patrimonio humano, cultural e natural dun valor incalculable” e sinalou que o recoñecemento da UNESCO sería “un paso histórico para a comarca e para toda a provincia”. Tamén puxo en valor o papel da Deputación na recuperación da candidatura hai máis dunha década. Tomé Roca tamén puxo o foco nun dos aspectos que singulariza esta candidatura: a relación entre a Ribeira Sacra e a auga, como elemento vertebrador da paisaxe, da economía e da cultura. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, subliñou os “atributos excepcionais” da proposta, centrada na relación entre a paisaxe e a auga, e lembrou que consultores da UNESCO visitarán o territorio en outubro. “Estamos convencidos do valor deste territorio e confiamos en que acade o merecido recoñecemento”, afirmou.
A candidatura, que abrangue 26 concellos das provincias de Lugo e Ourense, destaca pola súa paisaxe fluvial, o patrimonio hidráulico e a integración da auga como elemento vertebrador. A Xunta leva investidos preto de 8 millóns de euros en máis de 90 actuacións de conservación e posta en valor de bens patrimoniais. López Campos agradeceu a implicación da veciñanza, institucións e expertos, e destacou o apoio do embaixador de España ante a UNESCO, Miquel Iceta, ao longo de todo o proceso.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A SD Sarriana fai historia

Seguinte Nova

O Goberno impulsa a terceira edición do Verán Xove con descontos de ata o 90% en trens para a mocidade

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss