A SD Sarriana fai historia

Gonzalo L. Torres

Os xogadores da Sarriana festexan o ascenso a Segunda Federación logo dunha agónica remontada. A emoción desbordou as bancadas nunha xornada inesquecible. Foto GPCS.

O pasado domingo púidose vivir en Sarria uno deses máxicos momentos de identidade e comuñón entre as persoas ao redor de algo tan, a priori, absurdo como o fútbol. E son precisamente as expectativas de que este tipo de acontecementos de poidan vivir, o que fai que sexan millóns os afeccionados que cada fin de semana achéganse a un campo de fútbol de calquera lugar recóndito do mundo para ver se a maxia aparece. Non sempre o fai, é máis case nunca, pero iso lonxe de desanimalos, reforza a súa paixón. Canto máis improbable e dificultoso, máis valor. E esta pasada fin de semana, en plenas festas de San Xoán, os máis de dous mil afeccionados que se achegaron ao campo da Ribela, puideron vivir en primeira persoa uno deses momentos que, sen dúbida, non esquecerán nunca. Día moi caloroso, rival complicado que se adiante no marcador, remontada, prórroga, e vitoria final, que desatou a tolemia. Moito máis non se pode pedir, Ademais fútbol de calidade, moi serio, do que non se adoita ver nestas categorías, o despregado polo equipo local. E despois invasión de campo, celebracións, bailes, festa, recepción oficial, e ata baño en fonte e paseo pola vila en vehículo convertible, como fan os grandes nas súas celebracións de títulos de maior pedigrí. Hai que felicitar a todo o equipo directivo que preside Manuel Sangil, ao seu staff técnico capitaneado por José Antonio Rodríguez, e a un grupo de xogadores que soubo competir ata o final para levar ao club a unhas metas impensables hai só uns anos. Con sanísima envexa vémosvos desde Monforte. En segunda federación, con centos de socios, e miles de afeccionados no campo. Que lonxe nos queda iso agora aquí co Club Lemos. Vinte anos xa sen pisar sequera a terceira división, con escasa masa social e presenza de público na Pinguela. Oxalá este ascenso sírvanos de modelo, para que lembremos o que o fútbol ou o deporte en xeral pode lograr en termos de identidade e ilusión. En Monforte parece que hai anos que o perdemos. Salvo as excepcións do Neka ou o Quixós, e o traballo de canteira do voley local, parece que renunciamos a ter deporte de equipo en competicións de certo nivel. Que estarán a facer ben en Sarria ou Chantada? Que non estamos a saber ou querendo facer en Monforte? O devandito, parabén a Sarri e á SD Sarriana e que siga a festa.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Carolina Camino ficha polo Tenerife La Laguna

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra avanza cara ao recoñecemento como Patrimonio Mundial nun foro celebrado en Monforte

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss