A Xunta anuncia novas axudas para vehículos eléctricos cunha dotación de 19,6 millóns

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana durante a súa visita á Feira do automóbil híbrido e eléctrico de Ribeira. Foto GPXG.

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avanzou este xoves en Ribeira que o Diario Oficial de Galicia publicará o vindeiro 30 de xuño a nova convocatoria do Plan MOVES III 2025. Trátase dun programa estatal cofinanciado polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) que ofrece axudas para a adquisición de vehículos eléctricos e a instalación de puntos de recarga, cun orzamento de 19,6 millóns de euros na nova edición.

TERCEIRA EDICIÓN DO PLAN MOVES
Durante a súa visita á VI Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico, a conselleira lembrou que as tres edicións do MOVES suman en Galicia máis de 54 millóns de euros de orzamento e 13.743 solicitudes, cun volume total de axudas solicitadas que supera os 73 millóns.
Lorenzana lamentou que o Goberno central non atendera as peticións das comunidades e do sector para substituír o MOVES III por unha cuarta edición que mellore o modelo actual. Neste sentido, puxo en valor o plan galego Renova o teu vehículo, financiado con fondos propios da Xunta, que “ten o apoio do sector porque permite un desconto directo na factura de compra e evita atrasos no cobro”.

ESTIMULAR A DEMANDA DE VEHÍCULOS EFICIENTES
A última convocatoria deste programa, lanzada en xaneiro, esgotou os fondos —3,17 millóns— en mes e medio, cun total de 1.491 solicitudes por un importe de 3,32 millóns, que mobilizaron preto de 33,5 millóns en investimento.
A titular de Economía asegurou que a Xunta seguirá impulsando medidas para estimular a demanda de vehículos eficientes, traballando da man dos concesionarios.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Festival do viño da Ribeira Sacra de Monforte 2025

Seguinte Nova

O Igape activa axudas por 10 millóns para fomentar investimentos nas pemes

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss