As alfombras florais encheron de novo de cor a Rúa Maior de Sarria

Este ano, os deseños homenaxearon Sarria a través de símbolos e monumentos locais. Foto GPCS.

Sarria volveu vestir de cor e tradición coas alfombras florais do Corpus, que transformaron a Rúa Maior nun lenzo efémero. Máis de medio cento de persoas participaron na elaboración dos tapices, deseñados por cinco artistas con vencellos á localidade. Hernando Caldeiro, Marcos Martínez e María Beltrán repetiron nesta edición, mentres que Cristina Amil e María Boquera se sumaron por primeira vez, achegando a súa visión desde Valencia.
Este ano, os deseños homenaxearon Sarria a través de símbolos e monumentos locais. As alfombras luciron diante das igrexas de Santa Mariña e San Salvador e na parte alta da rúa. O traballo preparatorio prolongouse durante días na capela do Perpetuo Socorro.. Ademais de flores achegadas por veciños e floricultores, empregáronse materiais como mirto, serrín e virutas tinguidas.
A celebración litúrxica tivo lugar o domingo en San Salvador, con misa cantada pola Coral Polifónica e procesión acompañada pola Banda de Sarria.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria volve acoller o Ciclo Mestre Mateo, que trae o mellor do cinema galego

Seguinte Nova

A piscina de Sarria inaugura a tempada estival con xornada de portas abertas

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss