Chantada activa o Verán Cultural con máis de vinte propostas para todos os públicos

O Concello de Chantada pon en marcha unha nova edición do Verán Cultural, que se desenvolverá entre o 2 de xullo e o 30 de agosto. A programación inclúe máis de vinte actividades pensadas para todos os públicos, con espectáculos de maxia, teatro, música, cine ao aire libre, clown e propostas infantís. A maior parte das actuacións terán lugar na Praza do Cantón, aínda que tamén se utilizarán outros espazos como a rúa Xoán XXIII ou a Praza de Galicia. Entre os eventos destacados figuran a Semana do Teatro, o Cine no Cantón e as Festas Patronais na honra á Virxe do Carme, que se celebrarán do 21 ao 26 de agosto. O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, subliña que “nos meses de verán recibimos a numerosos visitantes que chegan atraídos polas paisaxes e os recursos de lecer. Esta programación ofrece alternativas culturais para veciñanza e visitantes, mantendo citas tradicionais e incorporando novas propostas”. O calendario podería ampliarse con novas actividades nas vindeiras semanas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sanidade estuda ampliar a hospitalización a domicilio a Chantada e Carballedo

Seguinte Nova

Nova edición do Concurso de Embelecemento de Fachadas e Balcóns

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss