Máis de douscentos monfortinos únense en apoio ao pobo palestino

A concentración, convocada por Mar de Lumes, coincidiu con mobilizacións en máis de 30 localidades galegas Foto Manuel Luaces.

Arredor de dúascentas persoas secundaron este luns en Monforte a convocatoria da organización Mar de Lumes en solidariedade co pobo palestino. A concentración, celebrada na Praza de España, enmarcouse nunha acción simultánea desenvolvida en máis de trinta localidades galegas en apoio á Marcha a Gaza.
Durante o acto, as persoas participantes portaron pancartas, gardaron silencios en lembranza das vítimas e deron lectura a comunicados que denunciaban a situación da poboación civil na Franxa de Gaza.
Con esta mobilización, moitos galegos quixeron sumarse á chamada internacional para esixir o fin do bloqueo ao paso de Rafah e facilitar o acceso da axuda humanitaria.
Desde Mar de Lumes subliñaron a necesidade de “continuar mobilizadas e organizadas” ante o que consideran unha grave violación do dereito internacional e da dignidade humana por parte do Estado de Israel.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Pazo de Tor acolleu unhas xornadas sobre acceso á cultura e prepara obradoiros de verán

Seguinte Nova

A RAG dedicará o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss