Monforte súmase á loita contra a ELA cunha marcha solidaria

Galicia celebrou o día mundial da ELA en Monforte.
Foto MONTERO.

Monforte converteuse esta semana no epicentro da loita contra a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) en Galicia. O pasado 22 de xuño, centos de persoas participaron na marcha solidaria organizada pola Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela) con motivo do Día Mundial da ELA. A cita serviu para render homenaxe ao monfortino Germán Macía, falecido pola no ano 2017, e para dar visibilidade ás demandas dos afectados.
A marcha percorreu uns 2,5 quilómetros por varias rúas da cidade, rematou cunha actuación da Escola de Baile Ritmo Lg+ e un sorteo de agasallos. Ao acto sumáronse numerosos veciños e representantes institucionais, entre eles o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, quen destacou “o traballo das entidades sociais que loitan polos dereitos das persoas con ELA”.
Durante a súa intervención, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo fincapé na dureza desta enfermidade, que provoca unha perda progresiva da mobilidade mentres as capacidades cognitivas se manteñen intactas. “Vivín de preto o caso de Germán Macía, e quero recoñecer a loita da súa familia e de todas as que atravesan esta situación”, afirmou.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Un colorista cartel de José Ángel Ligero anunciará asFestas Patronais de Monforte

Seguinte Nova

A CIG-Saúde denuncia o abandono do PAC de Monforte e critica o Plan de Verán da Xunta

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss