Nova edición do Concurso de Embelecemento de Fachadas e Balcóns

Foto GPCCH.

O Concello de Chantada vén de abrir o prazo de inscrición para o II Concurso de Embelecemento de Fachadas e Balcóns, unha iniciativa da Concellaría de Parques e Xardíns que pretende fomentar o coidado dos espazos privados visibles desde a rúa, tanto na vila como no rural. O certame, publicado no BOP este martes 24 de xuño, busca reforzar a imaxe do municipio e promover a participación cidadá na mellora do entorno.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 10 de xullo no rexistro municipal. Os espazos decorados deberán permanecer visibles entre o 14 de xullo e o 15 de setembro. Establécense catro categorías, divididas entre zona urbana e rural, cun total de 12 premios que suman 2.400 euros.
“O obxectivo é seguir mellorando a estética do municipio coa implicación directa da veciñanza”, sinala o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, quen anima á participación destacando que “estas datas de verán son ideais para lucir fachadas e balcóns”.
O xurado valorará aspectos como a creatividade, o uso de materiais reutilizados, o colorido ou a calidade ornamental das composicións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada activa o Verán Cultural con máis de vinte propostas para todos os públicos

Seguinte Nova

A Feira Outrora de Rubián xa ten cartel para a súa XXI edición, que se celebrará o 14 de xullo

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss