O Igape activa axudas por 10 millóns para fomentar investimentos nas pemes

O delegado da Xunta destacou en Monforte o apoio a proxectos que reforzan a competitividade e a creación de emprego.
Foto GPXG.

O delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, Javier Arias, informou esta semana en Monforte de Lemos da vixente convocatoria dunha nova liña de axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dotada con 10 millóns de euros, para fomentar proxectos de investimento por parte de pequenas e medianas empresas. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de setembro.
Arias trasladou a información durante unha visita a dúas empresas asentadas no polígono industrial do Reboredo que contaron co respaldo do Igape en anteriores convocatorias. Ramiro Vila SL, dedicada á fabricación de maquinaria metálica, implantou un sistema automatizado de almacenaxe, instalou pontes grúa e acometeu obras de mellora na súa nave. Ademais, incorporou tecnoloxía robotizada cun centro de mecanizado de cinco eixos.
Instalaciones del Valle Monforte SL, do sector da fontanería, ampliou os seus servizos coa adquisición dun camión tractor para limpeza e aspiración de lodos.
O delegado destacou a “aposta destes negocios por aumentar a súa capacidade e xerar emprego e dinamismo económico na zona”. Apuntou que a Xunta “respalda ese esforzo” con liñas de axudas como a destinada a fomentar novos investimentos, tanto xerais como en equipamentos produtivos. As axudas están dirixidas a proxectos cun gasto subvencionable mínimo de 50.000 euros en investimentos xerais e 25.000 en equipamento produtivo, cun máximo de 800.000 euros. Deben destinarse á creación dun novo establecemento ou á ampliación dun existente.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta anuncia novas axudas para vehículos eléctricos cunha dotación de 19,6 millóns

Seguinte Nova

As empresas tecnolóxicas que promoven emprego e innovación poden optar a subvencións de ata 24.000 euros

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss