O Programa Activa clausura a súa edición máis participativa con 641 usuarios

O Concello de Monforte destaca o éxito da iniciativa e anuncia a súa continuidade a partir de outubro. Foto GPCM.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, clausurou o Programa Activa 2024/2025, que contou con 641 participantes entre o Centro Cívico e as parroquias. Acompañado por membros do goberno local e do equipo de Servizos Sociais, destacou que “é unha das iniciativas que máis satisfacción nos dá, porque promove o envellecemento activo e a vida saudable”. O programa desenvolveuse durante oito meses con 28 actividades, entre elas taichi e cerámica, que tiveron gran acollida. Segundo unha enquisa realizada a 332 usuarios, o 98% valorou as actividades como excelentes ou axeitadas. O Concello anunciou que a nova edición comezará en outubro e manterase ata xuño de 2026, mantendo a gratuidade e o compromiso co benestar da veciñanza maior.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte acollerá a proxección do documental sobre Moncho Reboiras con coloquio posterior

Seguinte Nova

Un colorista cartel de José Ángel Ligero anunciará asFestas Patronais de Monforte

Últimas noticias sobre LECER

Sarria vibra con Sidonie

Sidonie puxo a banda sonora á noite do 21 de xuño en Sarria cun concerto multitudinario no campo de rugby, dentro das
Ir aInicio

Don't Miss