Quiroga homenaxea a Uxío Novoneyra cun roteiro literario e musical

O Concello de Quiroga organiza un novo roteiro da ruta “Quiroga, territorio literario”, nesta ocasión dedicado a Uxío Novoneyra. A cita será o venres 18 de xullo, entre as 10:00 e as 14:30 horas, e centrará o percorrido nos arredores da Praza Maior. A organización facilitará un autobús para o traslado desde o centro urbano ata A Veiguiña e o Hospital, aínda que o desprazamento será a pé só dentro do núcleo de Quiroga.
O acto incluirá a presentación da estela dedicada ao poeta do Courel diante do bar “El Derroche”, lugar de referencia para Novoneyra. A actividade contará coa participación da súa familia, estará conducida pola escritora Celia Díaz e contará coa música en directo de Xavier Blanco.
A ruta forma parte da programación estival e está integrada na Asociación RELIGA. As persoas interesadas deben inscribirse antes do 17 de xullo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os museos de Quiroga amplían horarios e actividades durante o verán

Seguinte Nova

Festival do viño da Ribeira Sacra de Monforte 2025

Ir aInicio

Don't Miss