Sarria volve acoller o Ciclo Mestre Mateo, que trae o mellor do cinema galego

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Lucía Veiga durante a presentación desta nova edición do Ciclo Mestre Mateo.Foto GPVDL.

Sarria será unha das oito localidades da provincia que participarán na cuarta edición do Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Deputación de Lugo. O programa arrincará o 2 de xullo en Meira e levará ás vilas sen salas comerciais unha selección de longametraxes e documentais finalistas dos XXIII Premios Mestre Mateo.
A deputada de Cultura, Iria Castro, salientou que o obxectivo é “garantir que toda a cidadanía, viva onde viva, teña acceso á cultura e ao audiovisual galego”. A presidenta da Academia, Lucía Veiga, puxo en valor a diversidade da programación e a necesidade de “facilitar o acceso ao cinema galego nas localidades sen salas”.
En Sarria, as proxeccións realizaranse en espazos culturais do municipio e forman parte dunha rede que busca consolidarse ano tras ano.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria vibra con Sidonie

Seguinte Nova

As alfombras florais encheron de novo de cor a Rúa Maior de Sarria

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss