A Xunta promove a conciliación das persoas autónomas cun bono de ata 9.000 euros

O Bono Autónomo Concilia ofrece tres liñas de axuda para cubrir baixas, contratar apoio nos coidados ou financiar servizos externos

Entre outras opcións, apoia a contratación dunha persoa desempregada para cubrir a baixa de maternidade ou paternidade, coidado de menores, maiores ou dependentes, así como o financiamento de custos asociados a centros ou servizos de coidado . Foto Envato.

A Xunta de Galicia mantén aberta ata o 30 de setembro a orde unificada de axudas para persoas traballadoras autónomas, dotada con máis de 40 millóns de euros. Dentro desta convocatoria, cofinanciada polo programa FSE+ Galicia 2021-2027, inclúese unha liña específica orientada a favorecer a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, cun orzamento dun millón de euros.
Trátase do Bono Autónomo Concilia, que contempla tres modalidades. A primeira, Concilia I, permite contratar unha persoa desempregada para substituír á persoa autónoma durante o período de baixa por maternidade, paternidade ou situacións asimiladas. A contía pode alcanzar os 8.800 euros por contrato de substitución e situarse entre os 7.500 e os 9.000 euros se o contrato se converte en indefinido.
A segunda liña, Concilia II, ofrece apoio para a contratación indefinida de persoas desempregadas que se encarguen do coidado de menores, maiores ou persoas con discapacidade ou dependencia. Neste caso, será necesario acreditar un vínculo de parentesco ata o segundo grao, salvo nos supostos de menores acollidos. As axudas tamén oscilan entre os 7.500 e os 9.000 euros, segundo o perfil da persoa contratada e a modalidade de xornada.
Por último, Concilia III subvenciona os gastos asociados á contratación de centros ou servizos especializados de coidado, cubrindo o 75 % do custo cun máximo de 3.000 euros. O período subvencionable abrangue do 1 de outubro de 2024 ao 30 de setembro de 2025. As persoas solicitantes deben ter o domicilio fiscal en Galicia. Esta é unha das cinco liñas de axudas integradas na orde unificada de máis de 40 millónes de euros para persoas autónomas nun modelo de apoio social que ten como finalidade “poñer as persoas no centro” e busca mellorar a calidade de vida do colectivo autónomo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As empresas tecnolóxicas que promoven emprego e innovación poden optar a subvencións de ata 24.000 euros

Seguinte Nova

Moxom. Madeiras de muller

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio