A igualdade real: un asunto de toda a sociedade

A campaña “Iguais en dereitos, obrigacións e oportunidades”, que desenvolve a Xunta, pon o foco na iguadade de xénero en calquera momento da vida, co feminismo como eixo fundamental

A corresponsabilidade na atención aos fillos e fillas favorece o desenvolvemento dunha vida plena. Cedida

A necesidade de avanzar cara unha sociedade realmente igualitaria en dereitos e obrigacións pasa por incidir en políticas de igualdade de xénero en todos os contextos e etapas da vida. Dende a infancia ata a idade adulta, tanto en entornos de coidados familiares como de reparto de tarefas domésticas, as persoas precisamos construír o noso proxecto vital sen fendas de xénero. Este desafío abrangue tamén ao ámbito das profesións, polo que cómpre implicar a toda a sociedade nun esforzo conxunto para acabar con estas limitacións.

FAMILIAS CORRESPONSABLES, A BASE DUNHA SOCIEDADE SEN DISCRIMINACIÓNS
Nesta liña, a administración está a desenvolver unha nova iniciativa de sensibilización. Baixo o lema “Iguais en dereitos, obrigacións e oportunidades”, a Xunta de Galicia busca concienciar e sensibilizar á cidadanía de que a erradicación da desigualdade de xénero é unha labor de todas e de todos, polo que cómpre empezar dende o que temos máis cerca. A campaña amosa situacións cotiás na vida de mulleres e homes en momentos de corresponsabilidade efectiva, que ten que ver co coidado de fillos e fillas ou de maiores dependentes, tarefas que tradicionalmente estaban vencelladas de xeito exclusivo ás mulleres.
Esta campaña dá continuidade a programas e medidas que a Xunta de Galicia está a desenvolver ao longo do ano, en colaboración con entidades sociais e concellos. Con estas accións, preténdese favorecer, impulsar e promover unha igualdade real, efectiva e práctica, onde o feminismo actúa como movemento que trata de reducir a fenda de xénero aínda existente en moitos ámbitos da sociedade.

As familias corresponsables reparten entre homes e mulleres a carga física e mental que supoñen os coidados a menores e a maiores dependentes


Por este motivo, un dos principais factores nos que se basan estas políticas é o necesario fomento da corresponsabilidade, xa que toca ao corazón do dinamismo social, que é a igualdade efectiva no ámbito familiar. Neste sentido, a Xunta leva anos impulsando programas específicos que fomenten un cambio de tendencia, estimulando que máis homes soliciten a redución de xornada para coidar a fillos e fillas ou maiores dependentes, permitindo que as mulleres non teñan que condicionar a súa carreira profesional. Así mesmo, a Xunta apoia accións de conciliación impulsadas por concellos, entidades de iniciativa social e ANPAS. Por último, as políticas de conciliación da Xunta converten a Galicia en referencia neste eido, coa gratuidade das escolas infantís, o bono concilia ou a rede de casas niño e do maior en concellos do rural •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello planifica melloras urxentes no Estadio da Ribela

Seguinte Nova

Quiroga acolleu un curso sobre atención a persoas dependentes

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss