A Noite Meiga regresa a Sarria cunha atractiva programación

A festa celebrarase do 29 ao 31 de agosto, cun programa cheo de música, tradición e actividades para todos os públicos. Foto GPVDL.

A nova edición da Noite Meiga foi presentada a pasada semana en Sarria nun acto no que participaron o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, o concelleiro de Cultura, César No e representantes da asociación Meigas e Trasgos. A festa, que aspira á declaración de interese turístico, celebrarase os días 29, 30 e 31 de agosto cunha programación que mestura música tradicional, simbolismo e participación cidadá. O venres abrirase co tradicional percorrido con fachos e concertos de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Mondra e DJ Russ. O sábado terá lugar o pregón, a cea popular e o espectáculo central: a danza da Noite Meiga, que representa a loita entre o ben e o mal e o poder purificador do lume. Actuarán tamén a Banda de Música da Comarca de Sarria e D’Crooners Band. O domingo estará centrado na cativada, coa Tardiña Meiga, obradoiros e xogos. O comercio local implicarase coa campaña “Eu son Noite Meiga”, recollendo desexos que serán queimados pola meiga maior. O cartel deste ano está inspirado na obra de Castelao.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Pobra do Brollón, protagonista do novo episodio do podcast Folcast

Seguinte Nova

O Concello planifica melloras urxentes no Estadio da Ribela

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss