Chantada mellora a sinalización turística nos accesos ao Monte do Faro

O Concello busca facilitar a visita aos principais recursos naturais e culturais coincidindo co aumento de peregrinos no verán.
Foto GPCCH.

O Concello de Chantada vén de reforzar a sinalización dos recursos turísticos situados nos accesos ao Monte do Faro coincidindo co inicio da tempada estival. Os novos sinais, colocados nas estradas LU-P-1002 e LU-213, identifican lugares de interese como a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida da Nosa Señora do Faro e o propio miradoiro do Faro, recentemente recoñecido como miradoiro Starlight.
O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, sinalou que con esta actuación se busca mellorar a accesibilidade a “un punto estratéxico, miradoiro natural e paso do Camiño de Inverno”. Precisamente durante os meses de verán increméntase o número de peregrinos que chegan á vila seguindo esta ruta xacobea.
O itinerario permite descubrir a diversidade paisaxística e patrimonial do municipio: desde a ribeira do Miño en Belesar ata os altos do Faro, os camiñantes atravesan pazos, igrexas, cruceiros e núcleos históricos. “En Chantada o peregrino atopa servizos, beleza e historia”, afirmou Lorenzo Varela.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Bóveda acometerá obras de mellora na Casa da Cultura cunha axuda da Xunta

Seguinte Nova

A II Festa Interxeracional de Chantada reúne preto de 600 persoas

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss