Curtas,cinema de tiburóns e sesión infantil na recta final do Fancine de Lemos

O Fancine de Lemos afronta esta fin de semana a recta final da súa undécima edición, marcada polo relevo na dirección do certame. Anabel Soto colle o testemuño de Carlao e Iván tras unha década de consolidación do festival como referente do cinema fantástico en Galicia. A nova etapa aposta polo formato curto como espazo de risco e creatividade, mantendo o acceso libre a todas as actividades.
Este venres, ás 11.30 horas, a Casa da Cultura de Monforte acollerá unha sesión de cinema infantil coa proxección de Jumanji, organizada en colaboración coa asociación Ágora. Ás 18.30, continuará a competición oficial de curtametraxes, na que participan 26 obras procedentes de distintos países.O ciclo Sharksploitation, centrado en filmes inspirados en Tiburón, inclúe a proxección de Sharkansas o venres e The Host, do surcoreano Bong Joon-ho, o sábado. Ambas as sesións comezarán ás 20.30 horas.
A clausura do festival terá lugar o sábado á mesma hora, cun acto no que se darán a coñecer as curtas premiadas e se exhibirán as obras gañadoras.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O peche do Anchoas, unha perda simbólica

Seguinte Nova

Marilia Monzón será a protagonista da segunda Noite Méndez-Rojo en Vía Romana

Últimas noticias sobre PORTADA

Entrevista a Xabier Quiroga

O escritor do Saviñao vén de publicar Alguén ao lado, una novela fundada na conxugación de sentimentos fundamentales e idiosincrasia galega Falamos
Ir aInicio

Don't Miss