Gandaría Puluan incorpora novos equipos para a transformación láctea e a promoción do produto

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e o propietario da granxa, Antonio Francisco López. Foto GPXG.

A gandaría Puluan, situada en Monforte de Lemos, mellorará a súa planta de procesamento de leite grazas ao apoio económico recibido a través das axudas da Xunta de Galicia para proxectos empresariais non agrícolas en zonas rurais. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou esta semana as instalacións acompañada de responsables da área e do titular da explotación, Antonio Francisco López.
Esta explotación é unha das 56 beneficiarias da última convocatoria destas achegas, dotada con 2,1 millóns de euros, e permitirá a adquisición de novo equipamento para o procesado lácteo, así como melloras no espazo destinado á promoción dos produtos. No conxunto da convocatoria, vinte proxectos céntranse na transformación agroalimentaria, contribuíndo á consolidación de 552 empregos e á creación de 56 novos postos de traballo.
Con 269 cabezas de gando, Gandaría Puluan combina produción e transformación, o que lle permite engadir valor ao produto final. Entre as iniciativas máis singulares atópase a elaboración dun queixo macerado con viño Mencía da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. “Trátase dun exemplo de innovación que amosa o potencial do sector primario galego e a súa conexión co territorio”, indicou a conselleira.
Ademais deste apoio, a granxa contou con fondos Leader para impulsar tres proxectos diferenciados. O máis recente, vinculado á convocatoria de 2024, serviu para adaptar as instalacións co fin de acoller visitas guiadas, actividades de divulgación e accións promocionais, cun investimento de 70.151 euros.
Tamén adquiriu un vehículo con caixa isoterma para a distribución directa de leite fresco pasteurizado e incorporou un robot arrimador de comida fotovoltaico, así como un sistema de xeración de enerxía solar. A estas iniciativas súmanse outras axudas públicas destinadas á comercialización de produtos agrarios, renovación de maquinaria e liñas da Política Agraria Común.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A mina de Magnesitas de Rubián consolídase como referente industrial sostible en Galicia

Seguinte Nova

Noa Díaz pecha cun gran nivel o Mundial sub-23 en Eslovenia

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss