Marilia Monzón será a protagonista da segunda Noite Méndez-Rojo en Vía Romana

Marilia Monzón será a protagonista da segunda Noite Méndez-Rojo en Vía Romana

A terraza da adega Vía Romana volverá acoller o 1 de agosto unha nova edición das Noites Méndez-Rojo, un ciclo que propón unha experiencia cultural íntima entre viñedos, ao abeiro do solpor e con aforo limitado a 200 persoas. A protagonista da velada será Marilia Monzón, artista canaria que se consolidou como unha das voces emerxentes máis persoais do panorama estatal. A súa música, delicada e cargada de emoción, chega á Ribeira Sacra logo de compartir escenario con nomes como Zahara, Xoel López ou Valeria Castro.
A cita, que comezará ás 20.30 horas, completarase cunha proposta gastronómica con selo local a cargo de A Faragulla, os viños da familia Méndez-Rojo, os xeados artesáns de La Central Heladera e os produtos de Frutos Secos Medina. A sesión musical pecharase co dúo galego The Palangans, que repetirán tras o éxito do primeiro concerto do ciclo. A súa proposta, libre de etiquetas, mestura o indie, o electrónico e o emocional nun formato pensado para conectar co público sen artificios.
As entradas estarán dispoñibles unicamente de forma anticipada a través da web oficial ata o 31 de xullo ás 23.59 horas. Tamén se ofrece a posibilidade de desprazamento desde Chantada en autobús por 5 euros adicionais, con prazas limitadas.
Desde a organización subliñan que o obxectivo do ciclo é crear unha experiencia sensorial completa. “Non é só un concerto: é un encontro coa terra, co viño, coa emoción que só dá a música nun entorno que parece detido no tempo”, explica Juan Luis Méndez Rojo. “Queremos que quen veña leve un recordo imborrable, e que asocie os nosos viños a un momento feliz”.
Será a segunda e última sesión da edición 2025, que se estreou en maio cun directo de Javier Ojeda.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Curtas,cinema de tiburóns e sesión infantil na recta final do Fancine de Lemos

Seguinte Nova

A XXI Feira Outrora de Rubián regresa o luns con máis de 35 postos

Últimas noticias sobre PORTADA

Entrevista a Pili Chaos

Fotógrafa e curiosa por natureza, Pili Chaos inaugura o vindeiro 1 de abril a súa exposición «Emoción en clave», que aborda a
Ir aInicio

Don't Miss