O Concello planifica melloras urxentes no Estadio da Ribela

Imaxe do encontro. Foto GPCS.

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, acompañado do concelleiro de Deportes, Félix Seijas, e da voceira do Grupo Municipal do PP, Carmen José López, reuniuse coa delegación territorial da Xunta en Lugo, representada por Javier Arias, para estudar a mellora inmediata do Estadio da Ribela. Esta reunión responde ás demandas da Sarriana logo do seu ascenso á Segunda RFEF, o que obriga a adaptar as instalacións para cumprir os requisitos federativos. Entre as actuacións previstas, destaca a substitución do céspede artificial por un de última xeración ou a instalación de herba natural, obrigatoria para os encontros oficiais. Tamén se renovará a iluminación para incrementar a potencia e garantir a correcta emisión televisiva dos partidos. Ademais, o terreo de xogo ampliará as súas dimensións ata chegar á grada, eliminando a pista que actualmente separa o campo dos asentos. Para cumprir co aforo mínimo da categoría, colocarase unha grada supletoria, aumentando así a capacidade para acoller aos afeccionados que se espera nunha liga con máis repercusión. O alcalde amosou confianza no entendemento entre as administracións para concretar en breve as obras necesarias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Noite Meiga regresa a Sarria cunha atractiva programación

Seguinte Nova

A igualdade real: un asunto de toda a sociedade

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss