O PSdeG de Lugo reforza a súa coordinación interna cunha nova reunión da Executiva Provincial

O encontro, presidido por José Tomé, serviu para avanzar na planificación política. Foto GPPSdeG.

A Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo celebrou este martes unha nova reunión de traballo na sede do partido na capital lucense. O encontro, presidido polo secretario xeral provincial, José Tomé Roca, enmárcase na dinámica impulsada pola dirección socialista para fortalecer a estrutura organizativa e intensificar a acción política no conxunto da provincia.
Durante a sesión, que se desenvolveu a partir das oito da tarde, analizáronse as accións emprendidas nos últimos meses e debatéronse as próximas iniciativas a poñer en marcha. A dirección provincial incidiu na necesidade de manter unha coordinación fluída entre as diferentes agrupacións locais, co obxectivo de consolidar un partido conectado co territorio e atento ás demandas da cidadanía.
Segundo trasladaron fontes da Executiva, un dos puntos centrais da reunión foi o reforzo da participación das agrupacións e dos equipos de traballo comarcais, considerados elementos clave no funcionamento interno e na capacidade de mobilización do partido. “Son o motor da nosa organización e desempeñan un papel fundamental para estar presentes en todos os ámbitos da vida social e institucional da provincia”, sinalaron.
Ademais, José Tomé aproveitou a sesión para informar aos membros da Executiva dos principais temas abordados no último Comité Federal do PSOE, celebrado o sábado 5 de xullo, entre os que destacou o papel dos socialistas galegos no novo ciclo político estatal.
Con esta xuntanza, o PSdeG de Lugo reitera a súa aposta por un modelo de partido activo, estruturado e en diálogo permanente coa sociedade, cunha planificación estratéxica que orientará as accións dos vindeiros meses.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG pide reforzos na sanidade pública ante o incremento poboacional do verán

Seguinte Nova

O PP acusa o PSOE de situar Monforte “no epicentro da corrupción” tras os informes da UCO

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss