O Val de Lemos contará cos primeiros catálogos de solos agroforestais de Galicia

O Alcalde de Pantón, José Luís Álvarez, e representantes dos concellos de Bóveda, Monforte, Sober y A Pobra do Brollón, coas representantes da Consellería de Medio Rural. Foto GPXG.

A Consellería do Medio Rural activará nos vindeiros meses os primeiros catálogos parciais de solos agropecuarios e forestais de Galicia, que terán como ámbito de actuación a comarca do Val de Lemos. Así o anunciou a conselleira María José Gómez nun encontro celebrado esta semana con representantes municipais de Bóveda, Monforte, Pantón, A Pobra do Brollón e Sober, no que tamén participou a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez.
A iniciativa, que segundo Gómez terá carácter pioneiro en Galicia, nace coa finalidade de recuperar terra agraria nunha comarca onde conflúen diversos factores que dificultan o aproveitamento do territorio. A fragmentación da propiedade, o abandono progresivo da actividade agraria ou a presenza de plantacións en solos de alta aptitude produtiva son algúns dos elementos que limitan o rendemento das superficies regables do Val de Lemos.
Neste contexto, os catálogos parciais, previstos na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, permitirán establecer unha base técnica e legal para ordenar os usos do solo rústico. Estes documentos servirán de apoio a procesos como a mobilización de terras, a creación de polígonos agroforestais, a declaración de zonas de actuación prioritaria ou a concesión de incentivos e axudas. Serán ferramentas dinámicas, suxeitas a revisións periódicas e baseadas na análise de factores físicos, ambientais e socioeconómicos, co obxectivo de garantir que cada uso produtivo se desenvolva nos terreos máis adecuados.
A Xunta tamén inclúe no orzamento de 2025 unha partida de 600.000 euros para mellorar as infraestruturas vinculadas ao regadío nesta comarca, evidenciando así o seu compromiso co futuro do sector primario na comarca de Lemos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O alcalde de Sober acompañou a Rosa Rodríguez na entrega da Medalla Castelao

Seguinte Nova

Pantón pon en marcha o seu Verán Cultural con deporte, música e campamentos

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss