Pantón pon en marcha o seu Verán Cultural con deporte, música e campamentos

Xa está aberta a tempada da Piscina Municipal de Pantón, ue manterá horario de 13:00 a 21:00 horas todos os días.
Foto GPCP.

O Concello de Pantón activa esta fin de semana o programa do Verán Cultural, que se prolongará ata finais de agosto. A primeira actividade será o Trail Heroica Sacra, unha proba deportiva que se celebra entre o venres 11 e o domingo 13 de xullo, organizada polo club Galaico Trail Run e a peña Saltasebes coa colaboración do Concello.
O sábado ábrese a tempada da Piscina Municipal, que manterá horario de 13:00 a 21:00 horas todos os días. O domingo, ás 19:00 horas, terá lugar no Mosteiro Cisterciense o concerto de Peitoescuro, co que se inauguran as 36 Xornadas da Rota do Románico.
Do 1 de xullo ao 29 de agosto desenvolveranse os Campamentos de Verán, nos que participarán máis de 70 nenos e nenas. Ademais, cada venres de xullo haberá actuacións musicais ou espectáculos na Praza do Concello, con citas como o concerto de Carta de Ajuste (día 4), “Fire Performance” (día 11) ou Son de Boleros (día 18). O Festival 17º Ribeira Sacra pasará polo Pazo de Ferreiroá o día 20.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Val de Lemos contará cos primeiros catálogos de solos agroforestais de Galicia

Seguinte Nova

O PSdeG de Pantón denuncia que o futuro centro de saúde terá só dúas consultas médicas

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss