
O pasado 4 de xullo finalizou o 6º Campus Carolina Camino – Concello de Quiroga 2025, cun acto de clausura no que se entregaron os diplomas aos participantes. Esta edición contou con 25 nenos, cifra lixeiramente inferior a anos anteriores, posiblemente polo adiantamento dunha semana para garantir a participación de Carolina Camino. Os rapaces desfrutaron de actividades relacionadas co voleibol e o ocio acuático. O alcalde, José Luis Rivera, xunto cos concelleiros de Deportes e Xuventude, Antonio Marcos e Luis Manuel Arias, participaron na clausura. O campus contou coa colaboración dos adestradores do Ribeira Sacra.•





