Presentan no mosteiro de Santo Estevo “O camiño do monxe”

O roteiro, de sete etapas e dificultade moderada, percorre algúns dos principais mosteiros e paisaxes da Ribeira Sacra. Foto OCDM.

O Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín, acolleu a presentación oficial do proxecto turístico e cultural O camiño do monxe, unha nova proposta de sendeirismo que aspira a consolidarse como referente no interior galego. O acto contou coa participación do promotor da iniciativa, Javier Pintos; da responsable de comunicación, Lorena González; e do alcalde de Nogueira de Ramuín e vicepresidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Julio Temes Pereira, ademais de varios rexedores dos concellos polos que discorre a ruta.
Durante a presentación, entregáronse ao INORDE os novos mapas editados pola editorial Alpina. O percorrido consta de sete etapas de entre 19 e 22 quilómetros, e discorre por camiños e pistas de terra ben conservados. A dificultade é moderada e o traxecto, de carácter circular, permite aos camiñantes achegarse a algúns dos enclaves máis significativos da Ribeira Sacra, combinando patrimonio natural, etnográfico, histórico e artístico.
A ruta inclúe mosteiros como Santa Cristina de Ribas de Sil, San Pedro de Rocas ou Santo Estevo, castelos como o de Castro Caldelas, e paisaxes emblemáticos como as pasarelas do río Mao ou os miradoiros do Sil. Segundo destacou Javier Pintos, “esta proposta permite mergullarse na alma da Ribeira Sacra a través dos seus camiños, historia e cultura”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A maior granxa de porco celta da provincia medra no Incio grazas á unión de 30 parcelas dispersas

Seguinte Nova

A Deputación presenta en Taboada o proxecto Turembalses

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss