Quiroga acolleu un curso sobre atención a persoas dependentes

A iniciativa, enmarcada no programa FOADOM, busca mellorar a empregabilidade no ámbito da axuda a domicilio en contornos rurais. Foto RTMQ.

Na Casa da Cultura de Quiroga concluíu o pasado mércores o curso “Atención Hixiénico Sanitaria para Persoas Dependentes”, no que participaron máis de trinta mulleres con cargas familiares derivadas dos servizos sociais municipais.

FUNDACIÓN
MARÍA JOSÉ JOVE

A formación, organizada pola Fundación María José Jove, a Xunta e o Concello de Quiroga, enmárcase no programa FOADOM, que busca capacitar mulleres do rural galego para traballar na axuda a domicilio, un sector cunha alta demanda laboral.
Este programa gratuíto ten por obxectivo incrementar a autonomía laboral, social e persoal das participantes, mellorar a súa empregabilidade e favorecer a intermediación coas entidades que prestan servizos de atención domiciliaria nas zonas rurais.
O curso, de carácter teórico-práctico e homologado, tivo unha duración intensiva e impartíuse en horario de tarde na Casa da Cultura. Segundo o concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández, esta formación “permite adquirir ferramentas para desempeñar un traballo esixente como o coidado de persoas dependentes”.
O equipo técnico de FOADOM analiza individualmente cada candidatura, valorando o perfil e as necesidades sociais, educativas e persoais, para garantir unha resposta adaptada ás realidades das mulleres participantes. Ademais, o programa contribúe a ampliar o número de profesionais cualificados no sector da axuda a domicilio en Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A igualdade real: un asunto de toda a sociedade

Seguinte Nova

Pechou o 6º Campus Carolina Camino en Quiroga coa entrega de diplomas

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss