Sober impulsa a creatividade coas Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’

O Concello ofrece formación gratuíta en fotografía con David Jiménez no Taller de Verán de La Plantación Foto dunha edición anterior GPCS.

O Concello de Sober impulsa este verán a creatividade e o talento novo mediante a convocatoria de tres Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’. As persoas seleccionadas participarán de balde no Taller de Verán de fotografía que organiza La Plantación, do 27 de xullo ao 1 de agosto na Casa Grande de Rosende. A formación será dirixida polo prestixioso fotógrafo David Jiménez e desenvolverase nun formato intensivo, baseado na reflexión e no intercambio de ideas arredor da linguaxe visual. O curso “Os labirintos da imaxe” propón pensar o mundo a través da fotografía, combinando a teoría coa práctica nun ambiente de inmersión creativa e convivencia artística.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober protagoniza a apertura do I Encontro Nacional de Emprendedores Creativos

Seguinte Nova

O alcalde de Sober acompañou a Rosa Rodríguez na entrega da Medalla Castelao

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss