Un tren histórico de Madrid viaxou a Monforte para visitar o Muferga

Un convoy dos anos 80 achegará a 200 viaxeiros ao Museo do Ferrocarril de Galicia o vindeiro sábado 5 de xullo

O convoi ferroviario fretado pola Asociación de Amigos do Ferrocarril de Madrid, agrupación que está hermanada co museo de Monforte. Foto MONTERO.

O pasado sábado 5 de xullo, un tren histórico dos anos 80, con capacidade para 200 viaxeiros, chegou a Monforte de Lemos tras partir de Madrid o día anterior. Esta iniciativa foi organizada pola Asociación de Amigos do Ferrocarril de Madrid, entidade irmá do Museo do Ferrocarril de Galicia (Muferga).
O convoy, operado por ALSA, fixo unha parada para pernoctar en León e ao día seguinte entraron nas vías do Muferga, onde os afeccionados puideron visitar as instalacións e coñecer o patrimonio ferroviario que alí se conserva. Tras a visita, os participantes desfrutaron dunha comida nun restaurante próximo, decorado con imaxes do Muferga, onde tivo lugar un acto destacado.
Durante a comida, asinouse un convenio de irmandamento entre o Muferga e a Federación de Asociacións de Amigos do Ferrocarril de España, organización que agrupa máis de 4.000 socios en todo o país. O presidente do Muferga e varios membros da súa directiva participaron neste acordo, que reforza a posición do museo no ámbito ferroviario estatal.
Este irmandamento súmase aos xa existentes con agrupacións de Madrid e León, consolidando así unha rede de colaboración e intercambio cultural entre as asociacións ferroviarias españolas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP acusa o PSOE de situar Monforte “no epicentro da corrupción” tras os informes da UCO

Seguinte Nova

Alumnado do IES A Pinguela visitou o Parlamento Europeo en Bruxelas

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss