A II Festa Interxeracional de Chantada reúne preto de 600 persoas

O evento celebrouse este domingo no pavillón do CEIP Eloísa Rivadulla cunha xornada de convivencia familiar e homenaxe aos maiores. Foto GPCCH.

O pavillón do colexio Eloísa Rivadulla acolleu este domingo a segunda edición da Festa Interxeracional organizada polo Concello de Chantada, que congregou arredor de 600 persoas, practicamente o dobre que na primeira edición. O encontro, pensado para dar a benvida ao verán, contou coa presenza do alcalde, Manuel Lorenzo Varela, e da concelleira de Servizos Sociais, María Cándida Carnero, entre outros representantes municipais.
A xornada iniciouse cunha misa solemne ás 13:00 horas, seguida dun cóctel de benvida, un xantar popular e unha sesión de baile a cargo do Dúo Élite. Durante a festa sorteáronse agasallos doados por máis de vinte empresas e entidades colaboradoras. O alcalde agradeceu a implicación do persoal municipal e do centro escolar e valorou positivamente a acollida da iniciativa.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada mellora a sinalización turística nos accesos ao Monte do Faro

Seguinte Nova

A Casa da Cultura de Chantada adapta os seus horarios ao verán

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss