Publicadas as axudas para a colleita en verde da viña en Galicia en resposta ao excedente de tinto

Esta práctica, solicitada polos Consellos Reguladores da Ribeira Sacra e do Ribeiro, permite retirar parte da produción antes da súa maduración e regular o volume da uva no mercado. Foto EC.

O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a resolución das axudas para a colleita en verde da viña, unha medida coa que se busca reducir a produción de uva antes da súa maduración para evitar excedentes e estabilizar o mercado. A Consellería do Medio Rural promoveu esta iniciativa tras a petición dos Consellos Reguladores da Ribeira Sacra e do Ribeiro, que alertaron da acumulación de viño tinto sen saída comercial debido á caída do consumo a nivel internacional.
A medida diríxese a viticultores que destinen os seus viñedos á produción de uva para vinificación e que cumpran a normativa vixente sobre plantacións. En total, seis expedientes resultaron beneficiarios, con achegas que suman 63.477,79 euros. As accións subvencionadas inclúen a vendima manual de acios antes da súa maduración, co obxectivo de reducir o rendemento das parcelas.
Segundo recolle a resolución publicada, a execución desta colleita en verde deberá realizarse como data límite o vindeiro 15 de xullo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta incluirá as comarcas de Sarria e Lemos no novo Plan de Sendas de Galicia

Seguinte Nova

A Cata dos Viños da Ribeira Sacra distingue os mellores caldos da colleita 2024

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss