Aberto o prazo para solicitar axudas pola redución de xornada laboral por coidado de menores

As achegas van dirixidas a familias con crianzas de ata 3 anos ou de ata 12 con discapacidade recoñecida

Estas axudas están dirixidas a todo tipo de unidades familiares con fillas ou fillos de ata 3 anos ou 12 no caso de ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Foto Envato.

O Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria de axudas dirixidas a persoas que reduzan a súa xornada laboral para atender a fillas e fillos de ata 3 anos, ou de ata 12 no caso de ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 %. A Xunta destina 620.000 euros a este programa, financiado nun 60 % pola Unión Europea a través do FSE+ Galicia 2021-2027.
As contías oscilan entre 1.700 e 3.700 euros, segundo o grao de redución da xornada e o número de menores a cargo. O prazo de solicitude remata o 14 de agosto, e o período subvencionable abrangue do 1 de agosto de 2024 ao 31 de xullo de 2025, cun máximo de oito meses.
A Xunta salienta que estas achegas pretenden avanzar na igualdade, promovendo unha distribución máis equilibrada dos coidados entre homes e mulleres. A finalidade desta orde de axudas é fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes, apostando por conseguir un cambio de tendencia e avanzar cara unha conciliación corresponsable. Con elas, búscase chegar a un maior equilibrio no reparto dos tempos das tarefas dos coidados e, deste xeito, favorecer a empregabilidade e a promoción profesional das mulleres.
As axudas abranguen todo tipo de familias, incluídas as monoparentais, monomarentais, do mesmo sexo ou de distinto sexo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O CETMAR consolídase como referente na investigación e xestión sostible do medio mariño

Seguinte Nova

Unha aposta pola mobilización e recuperación da terra agraria

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss