O Bono Turístico da Xunta esgótase en só 60 horas e mobiliza 2,5 millóns de euros

A iniciativa, que busca fomentar o turismo fóra da tempada alta, permite desfrutar de descontos ata o Nadal en máis de 270 empresas galegas

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou no Parlamento que “a análise dos datos confirma un crecemento equilibrado e sostible do turismo galego”.
Foto GPXG.

A Xunta de Galicia logrou esgotar en apenas 60 horas os 16.666 bonos turísticos postos en circulación para este outono, dentro dunha iniciativa que busca consolidar a desestacionalización do turismo e garantir a súa rendibilidade ao longo de todo o ano. A medida, impulsada por Turismo de Galicia, mobilizará un total de 2,5 millóns de euros no sector, cun investimento público de 1 millón.

BONOS FINANCIADOS NUN 40% POLA XUNTA
Cada bono, cun valor de 150 euros, está cofinanciado nun 40% pola Xunta e nun 60% polos usuarios. A súa descarga estivo dispoñible desde o venres 18 de xullo na web oficial www.bonoturismo.gal, e en só tres horas xa foran descargados 7.000. O ritmo mantívose durante a fin de semana, acadando as 14.166 descargas o sábado pola mañá e completándose o domingo ás 21:00 horas.

OS BONOS PODERÁN EMPREGARSE ATA O 25 DE DECEMBRO
Os bonos poderán empregarse entre o 15 de setembro e o 25 de decembro en establecementos e servizos turísticos adheridos, que a día de hoxe suman 271 en toda a comunidade. O prazo para que novas empresas se unan ao programa continúa aberto ata o 1 de decembro. Para participar, deben estar dadas de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) e contar cun centro de traballo en Galicia.
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou no Parlamento que “a análise dos datos confirma un crecemento equilibrado e sostible do turismo galego”, con aumentos de viaxeiros nos primeiros meses do ano e unha redución progresiva do peso do verán na demanda total. “Estamos a deseñar unha oferta turística que respecte o territorio e beneficie aos residentes”, sinalou.
A Xunta aposta tamén por outras accións complementarias como os Trens Turísticos, o Outono Gastronómico ou a Primavera de Portas Abertas, todas elas fóra da tempada alta.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Consorcio de Turismo amplía a rede de lanzadeiras gratuítas na Ribeira Sacra este verán

Seguinte Nova

Monforte avanza cara á integración da súa unidade de drogodependencias no sistema público de saúde

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss