O Consorcio de Turismo amplía a rede de lanzadeiras gratuítas na Ribeira Sacra este verán

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra vén de poñer en marcha unha nova edición do seu servizo de lanzadeiras gratuítas para a tempada alta, coa incorporación dunha cuarta ruta que conectará Chantada co embarcadoiro de Belesar e a Praia da Cova. Esta medida busca facilitar o acceso aos principais recursos turísticos da zona e reducir a presión do tráfico rodado en puntos con escasa capacidade de estacionamento.
As lanzadeiras estarán operativas entre o 19 de xullo e o 31 de agosto, coincidindo co período de maior afluencia de visitantes. A nova liña súmase ás xa existentes entre Escairón e a Praia da Cova, Monforte de Lemos e o embarcadoiro de Ponte do Sil, e Castro Caldelas co embarcadoiro de Abeleda. Todas elas están deseñadas para dar servizo ás rutas fluviais polos ríos Sil e Miño, que ofertan máis de mil prazas diarias.

PRAIA DA COVA NO SAVIÑAO
A Praia da Cova, un dos espazos fluviais máis concorridos do verán, contará así con dobre conexión: desde Escairón e agora tamén desde Chantada. “Queremos garantir un acceso ordenado e sostible aos recursos máis demandados”, sinalan desde o Consorcio, que recomenda reservar praza con antelación a través da súa web oficial.
O financiamento do servizo, que ata o pasado xuño dependía do Plan de Sostibilidade Turística, continuará este verán grazas a un convenio coa Axencia de Turismo de Galicia. Pola súa banda, o concello de Parada de Sil mantén activo o servizo de lanzadeira obrigatorio ao mosteiro de Santa Cristina, cun custo de 3 euros que inclúe a entrada ao monumento.

OCUPACIÓN TURÍSTICA NO MES DE XUÑO
A ocupación turística na Ribeira Sacra acadou en xuño o 50%, unha cifra que, malia ser lixeiramente inferior á doutros anos, supón o mellor rexistro histórico en número de prazas ocupadas, debido ao aumento da oferta de aloxamento.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O cooperativismo agroalimentario galego supera os 2.400 millóns de euros

Seguinte Nova

O Bono Turístico da Xunta esgótase en só 60 horas e mobiliza 2,5 millóns de euros

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss