O cooperativismo agroalimentario galego supera os 2.400 millóns de euros

A asemblea anual de Agaca pon de manifesto a importancia deste modelo empresarial no rural galego. Foto GPXG.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou na clausura da XXXVII asemblea xeral ordinaria da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias onde destacou o papel clave que xoga esta entidade no cooperativismo galego. Segundo apuntou, as cooperativas agroalimentarias facturan 2.400 millóns de euros, o que representa máis do 70 % do total do sector.
Durante o acto, no que tamén estivo presente a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, o conselleiro subliñou que o cooperativismo galego alcanzou en 2024 unha facturación global superior aos 3.500 millóns, o 5,1 % do PIB, con máis de 78.000 persoas implicadas.
Tamén fixo referencia á nova Lei de Cooperativas e á Estratexia galega de economía social 2023-2027, coa que a Xunta aspira a crear 4.000 empregos e 400 entidades, e destacou accións como a Rede Eusumo, os premios ao cooperativismo ou a colaboración con ForoEsGal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ribeira Sacra Next e AEMOS únense para impulsar o emprego a través da tecnoloxía INSERE

Seguinte Nova

O Consorcio de Turismo amplía a rede de lanzadeiras gratuítas na Ribeira Sacra este verán

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss