Ribeira Sacra Next e AEMOS únense para impulsar o emprego a través da tecnoloxía INSERE

As empresas asociadas poderán acceder a unha plataforma de xestión laboral e beneficiarse de accións conxuntas en dixitalización e formación. Foto GPRSN.

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio de colaboración coa Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) que permitirá ás compañías asociadas acceder á tecnoloxía INSERE, unha plataforma dixital especializada na xestión de emprego. O acordo rubricouse nas instalacións da adega Regina Viarum entre o presidente de AEMOS, Manuel Castro, e o secretario de Ribeira Sacra Next, Severino Rodríguez.
O convenio, con vixencia de dous anos, establece un marco de cooperación para o uso compartido desta ferramenta tecnolóxica e para o desenvolvemento de accións formativas, de intermediación laboral e de dixitalización orientadas a dinamizar o emprego e fomentar o desenvolvemento socioeconómico nas dúas comarcas. As actividades previstas incluirán tamén encontros empresariais e obradoiros prácticos para mellorar a inserción laboral.
Ribeira Sacra Next poderá implementar unha solución tecnolóxica avanzada sen necesidade de comezar desde cero, canalizando recursos cara a unha mellor captación e retención de talento, así como á detección das necesidades formativas e profesionais do territorio. A plataforma permitirá acadar un coñecemento preciso da demanda laboral da comarca.
O acordo súmase a outros xa asinados pola asociación con A Túa Xanela, Caixabank, Gasóleos Monforte e Nordés Club Empresarial da Coruña. AEMOS, pola súa banda, reforza o posicionamento da plataforma INSERE como referente interterritorial, accedendo a novos espazos de colaboración e intercambiando. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Rueda e Tomé coinciden no Encotro da Toxa en salientar o bo momento da economía de Galicia

Seguinte Nova

O cooperativismo agroalimentario galego supera os 2.400 millóns de euros

Últimas noticias sobre EMPREGO

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss